Drone metal

Drone metal
Orixe musicalMúsica Drone, música experimental, doom metal, heavy metal, dark ambient, música noise, música industrial
Orixe culturalComezos dos anos 1990 Seattle, Washington
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica

O drone metal, tamén chamado drone doom,[1] é un xénero derivado do doom metal definido principalmente por notas e acordes sostidos e repetidos chamados drones. Neste xénero aplícase unha gran reverberación e acople ao son das guitarras,[2] mentres que a voz moitas veces non está presente ou é gutural. As cancións neste xénero son de gran duración e carecen de ritmo no sentido tradicional do termo.[3] O drone metal está influenciado pola música drone, a música noise e a música minimalista,[2] e xurdiu a comezos dos anos 1990 con grupos pioneiros como Earth,[4] Boris[2] e Sunn O))).[2]

  1. Stosuy, Brandon (19 de agosto de 2005). "Heavy Metal: It's Alive and Flourishing". Slate. Consultado o 22 de agosto de 2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Wray, John (28 de maio de 2006). "Heady Metal". New York Times. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  3. Tumlir, Jan (2006). "Primal dirge". Artforum. 
  4. Jackowiak, Jason (14 de setembro de 2005). "Hex: Or Printing in the Infernal Method". Splendid. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search